Luns. 25.10.2021
El tiempo

A Capela do Pilar, o novo espazo cultural de Corcubión

A Capela do Pilar, o novo espazo cultural de Corcubión
Capela_do_Pilar,_Corcubión-Foto- Adrián Estévez

Non en todas partes é habitual atopar unha capela reconvertida en centro cultural. Corcubión si. A vila de San Marcos vai vivir a inaguración da reconversión da Capela do Vilar nun espazo cultural. Xa a vimos convertida nunha encantadora sala de cine, pero dende este venres 12 de outubro será xa un núcleo onde ferva a cultura.

Como non podía ser doutro xeito, os culpables son os herexes da Universidade Cromática das Virtudes, que tras unha petición formal o Concello cedeulla non de forma exclusiva) como local da asociación. Así os novos membros da activa entidade se convirtes nos novos xestores dun espazo aberto de creación.
O altar pasará a ser a sala de reunións e o coro convertirase nunha sala de lectura/estudo, entre outros movementos paganos.

Novas actividades

E xa están en marcha coa nova programación de actividades. Están a organizar un concurso de fotografía, e ademais 2 venres ao mes haberá cine na Capela, formato cine-clube, comezando con Wes Anderson. Ademais, presentarase o nova revista Thaumazein no Nadal, "e estamos abertos a calquera que pretenda facer cousas alí (concertos, exposicións, obradoiros...", como nos conta o presidente da asociación, Keko Cernadas.

Pero xa hai cousas fixas. "O máis próximo é a primeira sesión do clube de lectura Lesentopías, que se celebrará o sábado 20 de outubro no Cárcere Vello corcubionés ás 16:30h, xa que pensabamos que non teríamos tempo de preparar a capela para esa data". A primeira destas dúas sesións será repasando a obra de Alain Finkielraut, "La Derrota del Pensamiento", quedando para o sábado 17 de novembro unha cita con Clarice Lispector e a súa "La hora de la estrella". Esta segunda cita será xa na Capela.

Lesentopias-Clube de Lectura da UCV

"Ademáis destas dúas primeiras sesións, a idea é manter unha programación bimensual", cóntanos Cernadas. "De cara á selección de lecturas para os próximos meses, contarase coa xente que acuda ás sesións. Ademáis, a intención é combinar o ensaio coa literatura (narrativa, poesía ou teatro)".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios