Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Deputación aporta 45.000€ á 7 entidades de Protección Civil da bisbarra

A Deputación aporta 45.000€ á 7 entidades de Protección Civil da bisbarra
Traballadores de Porteccion Civil de Muxia Traballadores de Porteccion Civil de Muxia Novas axudas da Deputación da Coruña para as agrupacións de Protección Civil dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. Axudas que chegan co obxectivo “fomentar a importante labor diaria e o gran servizo público que prestan, especialmente no ámbito rural os voluntarios destes servizos”. Concretamente valen para a adquisición de equipamentos, equipos e ferramentas necesarios para para os rescates e intervencións, elementos de transporte, materiais de comunicacións ou equipamento informático e aplicacións móbiles. Doutra banda, a Deputación xa concedeu o pasado mes de agosto outra liña de axudas por importe de 29.039,80 euros da que se benefician cinco agrupacións da provincia, ás que se apoia para financiar os gastos de realización das actividades, coma pólizas de seguros, compra de uniformes, salarios do persoal administrativo ou cursos e actividades de formación.

SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTOS

Entidades Importe subvención
Beneficiario: AGRUPACION DE VOLUNTARIOS PROTECCION CIVIL DE MAZARICOS. Obxecto: Compra de ferramentas, equipos de comunicacións e EPIs. (Equipos de protección individual) para o desempeño das funcións en materia de Protección Civil. 11.472,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL DE VIMIANZO Obxecto: Compra de equipos e ferramentas destinados ao incremento e mellora dos servizos, mobiliario e equipos para o proceso de información. 3.750,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-CORCUBION Obxecto: EPIs, material sanitario e de proceso da información 5.614,96 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL- MUXIA Obxecto: Material de emerxencias, 2º Fase. 11.466,00 €

SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES

Entidades Importe subvención
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL- ZAS Obxecto: Adquisición vestiario e pago pólizas seguros. 4.800,00 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-LAXE Obxecto: Diversas actividades no ano 2018 4.101,60 €
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-MUROS Obxecto: Adquisición de roupa e calzado para intervencións da AVPC de Muros. 4.000,00 €
 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/proteccion-civil-de-muxia-denuncia-o-roubo-dun-remolque/ https://quepasanacosta.gal/os-heroes-de-muxia/ https://quepasanacosta.gal/catro-agrupacions-de-proteccion-civil-da-zona-formanse-en-muxia/ https://quepasanacosta.gal/as-agrupacions-de-proteccion-civil-de-varios-concellos-costeiros-tenen-novos-desfibriladores/    

Comentarios