A escola infantil de Corcubión abre o prazo de inscrición
08:04 24/04/18
Durante todo o mes de maio estará aberto o prazo para anotarse na Escola Infantil Municipal de Corcubión par ao curso 2018/2019.
Os interesados/as con fillos de 1 a 3 anos, deben dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Corcubión para tramitar a inscrición. Para obter máis información poden chamar tamén ao número de teléfono 981 745 400.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Corcubión