Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A mostra “Documenta Hórrea” chega a Corcubión da man da radiONeria

Cartel inauguración Corcubión Documenta Horrea
A mostra “Documenta Hórrea” chega a Corcubión da man da radiONeria

Unha exposición arredor dos hórreos inaugurase este venres 14 de xuño ás19:30 da tarde no Centro Recreativo Cultural de Corcubión. Unha iniciativa impulsada por radiONeria e o Concello de Corcubión, contando coa colaboración de Son Radio-fusión e EMUGA. As cantareiras As Rinchonas actuarán no acto de inauguración da mostra.  

Na mostra viaxamos á esencia do hórreo como centro da arte, a través das fotografías de Xan Xe, das creacións de Juan Sobrino, Andrea Pena, Verónica Garcia, Alejandro Coedo, Malena Carballo e dos alumnos e alumnas de Laudas Calamity. A mostra conta coa carpintería de Antonio García, e comisariada por Laura Bouza.

No Casino poderemos gozar dunha exposición froito dun traballo de “descuberta” de hórreos localizados nunha zona de Ferrolterra, dos que un grupo de artistas consagrados, e outros en formación, teñen feito unha reinterpretación artística, a través de diversas técnicas, dunha das construcións máis emblemáticas da xeografía galega.

Os organizadores indican que “desde o punto de vista arquitectónico, o hórreo foi a dependencia máis importante da casa labrega, a de maior interese espacial e construtivo e na que se manifesta o sentido plástico e mesmo a fantasía. Constitúe, unha das achegas máis significativas á hora de conformar a paisaxe galega e un elemento peculiar da nosa xeografía”. 

 

Comentarios