Recunchos da Costa: O hórreo de Carnota

A semana pasada visitábamos o Hórreo de Lira, e como non podía ser doutro xeito, desta volta toca achegarmos ao seu curmán, o Hórreo de Carnota. Xa comentamos que ningún dos dous é o máis grande de Galicia (que está en Araño, Rianxo), pero os dous carnotáns están no podio galego.
O de Carnota, de “estilo Noia”, mide 34 metros de longo (2 menos que o de Lira), foi feito entre 1763 e 1783), e ten 11 pares de pés, dos que a metade foron produto dunha ampliación posterior.
O conxunto, xunto co a Igrexa, o pombal e o Cemiterio, dan unha visita moi recomendable, puidendo aproveitar mesmo para achegarse, mesmo a pé, ata un dos areais máis longos de Europa.
A situación do hórreo carnotán é complicada, pois parte do seu tellado esfólase pola falta de mantemento. En todo caso, o Concello xa fixo a xestión de falar co Arzobispado, o cal fixo o proxecto, e tamén remitiu á Xunta a aprobación do proxecto en xunta de Goberno. Á Xunta tócalle fai o acompañamento económico por Cultura e Turismo, polo que agora toca esperar a que se licite e poñerse mans a obra.
Lado do tellado en mal estado do Hórreo de Carnota
Cemiterio de Carnota
Como chegar
NOVAS RELACIONADAS
- Esfólase o Hórreo de Carnota ante a pasividade das administracións e da Igrexa.
- O Hórreo de Cuns de Cuíña, quizais o exemplar de construción máis perfecto de Mazaricos.
- Cal é o horreo máis longo de Galicia?.