Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os pequenos da Escola de Fútbol de Corcubión aliméntanse coa Carnicería Antelo

Os pequenos da Escola de Fútbol de Corcubión aliméntanse coa Carnicería Antelo
Segue a Carnicería Antelo demostrando o seu apoio, con feitos, ás entidades sociais e deportivas do concello de Corcubión. Un ano máis, a Carnicería Antelo apoiará á Escola de Fútbol de Corcubión, aportando un bocata o remate de cada partido para todos os nenos da Escola. Trátase dun bocata de porco celta, como claro exemplo do compromiso da Carnicería na alimentación dos pequenos do concello corcubionés, e coa intención de que outra xenaración de nenos e nenas do pobo, teñan un bocata sin que isto supoña unha carga econónica para a asociación. A colaboración da Carnicería Antelo coas entidades deportivas da vila vén de lonxe. Ademais de apoiar á Escola de Fútbol dende a súa creación, este ano os xogadores do primeiro equipo da UD Corcubión están tamén fantásticamente alimentados gracias aos bocatas de porco celta que reciben ao remate de cada partido . Todo gracias á colaboración da Carnicería Antelo coa entidade deportiva. E estade atentos porque en breve chega a III Xornadas da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios