O alcalde de Corcubión solicítalle á Deputación novas obras de melloras
Nun reunión que mantiveron o pasado luns, o alcalde de Corcubión, Xabier Domínguez Traba, solicitoulle ao presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso, unha serie de melloras para o municipio.
O rexedor corcubionés, que estivo acompañado do concelleiro de Obras e Servizos, Lois Lado; trasladou ao mandatario provincial a necesidade de diversas inversións no pobo, como o ensanche da estrada provincial DP-2801 na zona dos muíños de Quenxe, a humanización da senda peonil que vai ata o faro, a remodelación da Praza Castelao e a adquisición dun novo camión do lixo a través dunha subvención nominativa de 180.000 euros, onde o Concello de Corcubión tería que aportar o 20 por cento.
O alcalde de Corcubión comunicoulle a González Formoso que as melloras solicitadas son importantes para avanzar na humanización do municipio e na prestación de servizos públicos, e poido constatar o compromiso do presidente provincial para estudar todas as propostas realizadas.
“Seguimos traballando para que Corcubión siga avanzando, pedindo subvencións e axudas, e facendo todo o necesario para conseguilas reuníndonos con representantes das diversas institucións”, manifestou Xabier Domínguez, que puxo en valor o traballo realizado ata agora polo goberno municipal que encabeza.