Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Alertan de que a praga do picudo vermello xa chegou a Corcubión

Palmeiras en Corcubion
Á esquerda, unha palmeira situada nunha finca privada moi afectada polo picudo vermello; á dereita, as aínda sas palmeiras da praza Castelao
Alertan de que a praga do picudo vermello xa chegou a Corcubión

Xa leva 2 anos arrasando coas palmeiras do sur da bisbarra, nomeadamente de Muros. Pero parece que vén cara o norte. E como non se faga algo a nivel global, dificilmente vai ser posible parar a praga de picudo vermello.

Así o denuncia o grupo Sempre Corcubión, tras ver como hai varias palmeiras afectadas no seu Concello. Xa en outubro do ano pasado pedían un estudo fitopalóxico para coñecer o estado das especies arbóreas dos parques e outras zonas públicas do concello de Corcubión, pero non hai resposta por parte do grupo de goberno.

Palmeiras en Corcubion na radioneria
A primeira palmeira das situadas diante do edificio da radiONeria xa ten síntomas

Agora, vendo que hai unha palmeira moi afectada nunha finca privada e outra das que están situadas ao carón do edificio da radiONeria, o grupo require ao goberno local unha actuación urxente cara frear a praga. “É primordial contactar axiña tanto coa Estación Fitopatolóxica de Galicia como cunha empresa especializada en dar resposta a este problema, xa que é fundamental para salvar as plantas afectadas dos xardíns públicos, asesorar aos particulares sobre o tratamento das súas e frear o avance da praga”, explican.

Lembran que sería necesario, tal e como recomendan os estudos da Consellería sobre o control desta especie de escaravello, orixinario da Asia tropical, “comezar co tratamento así como sexan visibles os primeiros síntomas de infección cara a lograr a súa erradicación e recuperar as plantas”.

Novas relacionadas

Comentarios