"Xa non é só por tirala en calquera lado, senón que ademais así propagas a praga do picudo"
Leva máis de dous anos a zona de Muros sufrindo as graves consecuencias da praga do “picudo”. Este pequeno escaravello pequeno está acabando con todas as palmeiras da comarca, e para freala hai que concienciarse e traballar conxuntamente.
Así o entenden dende a Comunidade de Montes de Louro, que lamentan prácticas coma esta que vemos na imaxe. Alguén cortou unha palmeira infectada e a deixou ciscada na cuneta dun tramo da estrada vella do lago de Louro, ao carón da lagoa das Xalfas.
”O normal é que se leve a unha planta de reciclaxe para que a corte e se vaia acabando o problema, porque se a imos tirando en calquera sitio ao final o picudo está aí, e as larvas quedan nos montes”, denuncian dende a Comunidade.
”Xa non é por tirala en calquera sitio, senón porque ademais así propagas a praga do picudo”, sinalan ao tempo que piden colaboración cidadá para descubrir quen foi o culpable e así denuncialo ante a Garda Civil.
Novas relacionadas
Boas prácticas nos nosos montes
- “Dende que temos mastíns coidando as cachenas, non tivemos problemas co lobo”.
- A Comunidade de Montes de Esteiro dá outra vida ao seu monte.
- Monte Veciñal de Carballo: "É necesario recuperar espazos que lle son propios ás frondosas autóctonas e ao agro”.
- Rosa Arcos: “O empredemento feminino está sendo un dos motores da revitalización o rural galego”.
- Corcubión constrúe natureza arredor da "Zona Deseucaliptizada" da Finca Cambeiro.