Sábado. 02.11.2024
El tiempo

Ana Miranda defende en Corcubión e Carballo que os concellos teñan igualdade de condicións para acceder aos fondos europeos

Visita de Ana Miranda ao Concello de Corcubion
Visita de Ana Miranda ao Concello de Corcubion
Ana Miranda defende en Corcubión e Carballo que os concellos teñan igualdade de condicións para acceder aos fondos europeos

Visita europea a que recibiron os Concellos de Corcubión e Carballo. A europarlamentaria do BNG Ana Miranda achegou ao presidente da Comisión de Política Rexional da Eurocámara, Younous Omarjee, aos dous concellos gobernados polo BNG.

Unha visita enmarcada tralas inquedanzas trasladadas polos alcaldes a respecto do acceso e a xestión dos fondos europeos, Miranda subliñou que os concellos galegos deben ter igualdade de condicións para acceder a estes fondos europeos.

Corcubión

En Corcubión, a delegación de eurodeputados foi recibida polo novo alcalde do BNG, Xabier Domínguez, e diferentes integrantes da corporación municipal. Domínguez trasladou a dificultade para unha vila de menos de 2.000 habitantes en acceder aos fondos de cohesión europeos. Tamén denunciou que os criterios de adxudicación de fondos sobre a consideración de zonas rurais son excesivamente restritivos.

Os problemas de comunicación e transportes, así como os relacionados co saneamento da ría foron outras das cuestións tratadas no encontro.
“Corcubión é unha vila marítima, con zona rural e urbana e unha necesidade de investimentos, ademais de que na época turística a vila non está adaptada a tanta poboación e precisa de infraestruturas urxentes”, manifestou o alcalde na reunión, na que tamén participaron o portavoz do concello de Cee, Serxio Domínguez, e de Fisterra, Kuka Sar, así como membros do BNG da comarca.

Carballo

Ana Miranda visita Carballo

No encontro co alcalde de Carballo, Ferrero trasladou as dificultades dos Concellos galegos no acceso a proxectos europeos, na enorme burocracia na súa tramitación, na falla de información e no deficiente grado de execución, así como a falla de planificación e a discriminación manifesta que padecen moitos concellos gobernados polo BNG. Ademais, o alcalde de Carballo fixo mencións aos problemas estruturais de mobilidade e de infraestruturas da comarca.

Comentarios