As Asociacións abre o prazo das actividades tradicionais
A volta ao cole dase tamén nas Escolas tradicionais. Varias das asociacións que máis coidan o noso patrominio cultural tradicional póñense en marcha, vertebrando a Costa da Morte a través da cultura. Por outros concellos como Vimianzo aínda están preparando as programacións pero as xentes da Raigañas, da Universidade Popular de Corcubión e da Asociación Ser de Santa Comba, xa están en marcha.
En Corcubión
Abre a Universidade Popular de Corcubión o novo curso coas aulas de música, baile e canto tradicional da man de mestres cualificados. As clases serán de Pandeireta e canto tradicional (para nen@s e adult@s, varios niveis), de gaita e percusión tradicional (tamboril e bombo) e de Baile tradicional para adult@s e nenas/os.
Poden pedir máis información e inscribirse no tlf 652628538, ou correo electrónico [email protected].
En Cerqueda
A nova AC Raigañas xa mesmo os horarios, e o prazo de incrición ainda está aberto (pechará o venres 15) e podedes apuntarvos tanto por facebook (AC Raigañas Cerqueda), por correo electrónico ([email protected]) ou por whatsapp (634723139).
En Santa Comba
A Asociación Cultural Ser de Santa Comba abre a súa Escola de Baile e Musica tradicional con gaite, baile, pandeireta e percisión. Poden informarse falando con Pablo Seoane no 657 810 611.
Musica Moderna en Mazaricos
Por Mazaricos tamén miran cara adiante de xa haberto prazo para Escola de Música Municipal de Mazaricos. Consultade no teléfono 645 935 720 para máis información e reserva de praza.