Aulas CeMIT: Máis cursos en Fisterra e parálise en Corcubión
Mentres xa pensamos na chegará da banda ancha á comarca de Fisterra (en novembro deste ano chegará a Cee e a mediados de 2013 o fará en Corcubión e Fisterra), os Concellos seguen prantexando, uns máis que outros, programas de formación dixital. I é que a Costa da Morte segue a ser unha das zonas onde a fenda dixital é máis grande, e a importancia de difundir a sociedade da información é cada vez maior. É precisamente ese un dos sentidos do proxecto QPC.
Hoxe coñecemos os novos programas da Aula CeMIT de Fisterra, no marco do Programa de Dinamización 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT). Pero antes analizamos a situación da aula homónima corcubionesa.
Parálise en Corcubión
Entrementres, a aula CeMIT do Concello do Concello de Corcubión vén de ser trasladada á Casa da Cultura tras ano e medio de parálise. Foi en novemebro de 2010 cando a Xunta prometeu novos Axentes TIC para os concellos de Corcubión, Camariñas e Fisterra. Os cursos seguen dándose en Camariñas e Fisterra, onde o o ano pasado contaron uns 300 usuarios.Pero en Corcubión, o Concello asegura non poder contratar ao Axente TIC, que sería o encargado de dinamizar a aula artellando programas de formación 2.0. E se ben a Xunta sufraga unha cantidade equivalente ao o 80% do salario do Axente TIC, o Concello corcubionés afirma non poder achegar o 20% restante dada a situación das arcas municipais.
Deste xeito, prantéxase que a aula xa foi trasladada á Casa da Cultura, para intentar que sexa o propio persoal do Concello o que dinamice e organice cursos.
Seguen os cursos polas parroquias en Ponteceso
En Ponteceso, todo un exemplo en materia de redución da fenda dixital, non para un só día a Aula de Informática (esta é municipal non concertada dentro da rede CeMIT, pero traballa moito máis que estas). Os últimos cursos de informática traballaro con 9 veciños e veciñas da parroquia de Xornes. Unha iniciativa que foi posible grazas a posta en marcha, por parte do Concello de Ponteceso, dunha aula itinerante de novas tecnoloxías, que permite impartir cursos polas parroquias do municipio. Esta semana comezan cursos na parroquia de Anllóns e Cores.
Novos cursos en Fisterra
Novos cursos que se desenvolverán a partir de maio a na aula de Fisterra da Rede CeMIT (ubicada na Praza do Concello). O Programa de Formación conta con seis microactividades de 15 horas de duración (sobre posicionamento web, televisión en internet, deseño gráfico, retoque fotográfico, community manager e streaming de audio e vídeo) e outras dúas máis amplas de máis de 40 horas sobre produción audiovisual e creación multimedia.
Máis información e inscrición
- O prazo para inscribirse nas catros primeiras actividades remata o vindeiro domingo 29 de abril. Aínda se pode reservar praza a través do número de teléfono, 981 552 568.
Novas relacionadas
- A banda ancha chegará a Cee en novembro.
- Abertas as axudas para instalar internet ás familias con menos recursos.
- A aula CeMIT de Fisterra pechou o ano con máis de 300 usuarios.
- 07-09-11: A Aula da Rede CeMIT de Fisterra abre novos cursos mentres a de Corcubión está paralizada.
- 08-11-10: Novos Axentes TIC para dinamizar as aulas de informática en Camariñas, Corcubión e Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).