Mércores. 17.04.2024
El tiempo

#Biblionízate polo Día da Biblioteca

#Biblionízate polo Día da Biblioteca
Hoxe, 24 de outubro é o Día Internacional da Biblioteca. E son varios os Concellos que celebran a data cunha algunha actividade especial, algunha en clave dixital. Cómpre resaltar a labor destes centros de cultura e lecer que serven con inmellorable instrumento de mellora da formación e a convivencia humana, como algo que cura, que alonxa ao inocente do que agrede, en especial dos máis vulnerables; o que fai dano, sexa ou non imaxinado, sexa ou non real. As bibliotecas reparten refuxio, velan polos libros que habitan nelas para que non morran nin desaparezan.

Carballo

Teatro na Biblioteca Rego da Balsa En Carballo celebran a data por partida doble, xaq que o 24 de outubro tamén é o aniversario da Biblioteca Municipal Rego da Balsa. Cumpre 4 anos o centro cultural carballés que queren agradecer aos usuarios cun agasallo a todos os que recollades un libro en préstamo. Hai actividades toda a semana e o mércores a partir das 18.00 horas, farán unha gran festa con María Faltri para cantar, bailar e rir coa súa bibliodiscoteca, para nenos e nenas a partir de 3 anos.

Santa Comba

Este mércores 24 de outubro o Concello de Santa Comba quere celebrar o Día das Bibliotecas, eses espazos, lugares de encontro dos lectores de tódalas idades coa cultura. Achégate á biblioteca de Santa Comba o 24 de outubro e terás un premio. Dia da Bibloteca en Santa Comba

Corcubión

A bibliotecaria de Corcubión vai axudar a todos os usuarios a acceder á Plataforma de libro electrónico #GaliciaLe. Unha Plataforma que permite a todos os socios das bibliotecas descargar libros no seu ebook de forma sinxela a eficaz, tanto en galego, como en castelán (eBiblio).

Muxía

Na Biblio de Muxía tamén celebran Día da Biblioteca hoxe coa visita de Anxo Moure e os seus contos para abrazar ás árbores, ás 18.00 h.

Ponteceso

A Área de Biblioteca ofrecerá, co gallo do Día da Biblioteca, o venres 26 un espectáculo infantil de maxia dentro do programa Ler conta moito. A partir das 18.30 horas, o Mago Paco encherá a biblio de contos, xogos e trucos sorprendentes para nenos/as de 3 a 12 anos.

Comentarios