Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Biblioteca de Corcubión énchese de contos e robótica

Contos e Robotica na Biblioteca de Corcubion
A Biblioteca de Corcubión énchese de contos e robótica

Volve á carga, coa recuperación dos aforos, Isa Soneira para dinamizar a Biblioteca de Corcubión.

Este sábado 23 de Outubro, a Casa da Cultura celebra "Día das Bibliotecas" (24 outubro) con “ Chuches Amil: un contacontos musicado”, un dos finalistas dos Premios Martín Códax da música infantil neste ano 2021.
Unha obra pensada para público infantil e familiar, enmarcada dentro do programa "Ler “Conta Moito”, dirixido ás Bibliotecas Públicas Municipais.

Ademais, no mesmo programa, o luns 25 de outubro a Biblio acolle un un Obradoiro de Robótica para 12 rapaces/as entre os 8 e 12 anos.

Cómpre reservar parzano 981 746 190.

Comentarios