xoves. 07.08.2025
El tiempo

O BNG de Corcubión enfróntase directamente coa Plataforma Xuntos polo Centro de Día

bng corcubion centro de dia
bng corcubion centro de dia
O BNG de Corcubión enfróntase directamente coa Plataforma Xuntos polo Centro de Día

O que estaba sendo unha loita común coordinada e sana, xa se está convertindo nun "berenxenal". Onte era a Plataforma Xuntos polo Centro de Día de Corcubión o que acusaba ao grupo de goberno do uso partidista na entrega de sinaturas colleitadas por toda a vila no rexistro do Parlamento.

Hoxe, responde o propio BNG de Corcubión, acusando á plataforma XPCD de "mentir e faltar ao respecto ao Concello". Aseguran dende o goberno corcubionés que "o responsable local dos nacionalistas, Juan Carlos Cristino, chamou a semana pasada a un membro da directiva para pedirlle as sinaturas e informarlle que o alcalde ía entregalas no parlamento galego, polo que é falso que non se lles avisara".

Para o grupo de goberno, "chamarlle “cortello” ao Concello de Corcubión pon de manifesto pouca educación e unha falta de respecto de quen di que representa a moitos veciños, e cualificar a actuación do goberno local de “estratexia de supervivencia política” é unha proba clara do carácter político da plataforma, cando din que son apolíticos", denuncian.

O responsable local, Juan Carlos Cristino, declarou que “a plataforma xa quitou a careta, son enviados políticos da oposición, e non hai máis que velos nas redes sociais; o que non acepto son mentiras, cando fun eu mesmo quen os avisou con antelación”.

O tamén edil de Cultura engadiu que “son claramente un suxeito político, e acábano de demostrar con estas declaracións; poden disolver xa a plataforma e sumarse aos partidos da oposición; levaron 20 anos calados mentres gobernou o PSOE en Corcubión, e non fixeron unha soa crítica ao PP que goberna a Xunta e é quen tiña que ter aberto o centro de día; esta claro de que pé coxean”.

Máis novas

Comentarios