mércores. 06.08.2025
El tiempo

A Plataforma veciñal critica o uso partidista da "reivindicación colectiva" polo Centro de Día de Corcubión

Corcubion unido polo Centro de Dia
Foto do pasado 4 de maio de membros do grupo de gobernó do BNG, do PSOE e da Plataforma Xuntos polo Centro de Día de Corcubión iniciando a campaña de recollida de firmas debaixo da pancarta instalada no edificio do Asilo.
A Plataforma veciñal critica o uso partidista da "reivindicación colectiva" polo Centro de Día de Corcubión

A Plataforma Xuntos polo Centro de Día queremos manifestar a nosa fonda decepción polo recente acto protagonizado polo BNG de Corcubión no Parlamento de Galicia, onde presentaron sen aviso previo a esta Plataforma as 1.300 sinaturas recollidas durante a campaña impulsada polo propio Concello, coa colaboración activa da nosa plataforma cidadá.

"Consideramos que este xesto, máis alá da súa forma, representa unha mostra de descortesía e responde unicamente a unha estratexia de supervivencia política como partido local", explica dende unha plataforma que considera que "por riba das siglas deben prevalecer a educación, o respecto institucional e, sobre todo, o espírito de colaboración en favor da veciñanza. O Centro de Día é unha necesidade real e urxente para Corcubión e a súa comarca, e non un instrumento de propaganda partidaria".

A entidade non desiste de seguir traballando con rigor e responsabilidade para conseguir a súa apertura definitiva. "Os próximos pasos serán solicitar o amparo da Valedora do Pobo e das institucións europeas, sempre mantendo informado ao Concello de Corcubión, que consideramos a casa común de todas e todos, e non o cortello particular dalgún grupo político".

Histórico do Centro de Día

Comentarios