Luns. 29.04.2024
El tiempo

As coeducadoras de Corcubión relatan a nosa historia ao alumnado de EEUU

grupo de futuras coeducadoras Corcubion-Memorias Compartidas
As futuras coeducadoras de Corcubión nunha primeir reunión
As coeducadoras de Corcubión relatan a nosa historia ao alumnado de EEUU

Este vindeiro luns 11 de decembro ás 18,30h na Casa da Cultura de Corcubión terá lugar a presentación oficial do proxecto Memorias Compartidas.
Un programa intercultural e interxeracional de aprendizaxe común, no que unha equipa de coeducadores e coeducadoras axudará a construír un relato histórico, deixando en evidencia a importancia do testemuño persoal na construción dunha memoria pública e democrática.

Escoitar de primeira man as historias das persoas protagonistas ofrecerá ao alumnado estadounidense unha oportunidade única para ampliar a súa comprensión e coñecemento histórico. Porque o público obxectivo é o alumnado da Universidade Carleton Collage, unha que o proxecto está lideado pola profesora Palmar Álvarez Blanco, en colaboración con UNATE en Cantabria e o Concello de Corcubión.

Desde o Concello de Corcubión participarán neste proxecto de Compromiso Cívivo sete persoas coeducadoras, tres mulleres e cuatro homes, todas elas maiores de setenta anos. O grupo que participa proven da Parroquia de Redonda.
En Cantabria, desde UNATE participarán trece persoas coeducadoras. Haberá sesións de traballo conxuntas entre o grupo de Cantabria e Corcubión e xunto ao alumnado de Carleton College organizaranse sesións de traballo específicas entre alumnado e persoas coeducadoras.

En Corcubión a persoa coordinadora técnica e tecnolóxica será a vimiancesa Soraya Lema, e o Concello tamén faciltará recursos ténicos para que as persoas coeducadoras que o necesiten teñan a súa disposición ordenadores e tablets desde a aula CEMIT.

Xa podedes ollar a web do proxecto.

Comentarios