Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A caño libre… 11 anos despois

Saneamento Corcubion
Estas imaxes, recollidas en 2010, repítense a día de hoxe no paseo marítimo de Corcubión
A caño libre… 11 anos despois

Estas imaxes son de marzo de 2010, cando rexistrábamos as verteduras da rede de saneamento de Corcubión, en pleno paseo marítimo preto da praia de Quenxe, embaixo da Agra da Ribeira.

Este outro vídeo é desta pasada fin de semana.

 

10 anos despois, pouco cambia. As mesmas toallitas que a xente segue usando e tirando polo báter, que segue atascando as precarias redes de saneamento da comarca. A mesma problemática cando se satura a bomba da zona e que provoca que os desaugadores dos nosos báteres caigan directamente á auga do mar por onde paseamos, onde nos bañamos.

É certo que a empresa de mantemento pasa a diario por ese punto, consciente da problemática, ao tratarse dun punto de recollida mixta que pode sobresaturarse polas chuvias, e polas grandes inimigas da rede: toallitas, compresas...

En todo caso, aseguran que "a rede ten cada vez menos puntos conflitivos na zona, que mellorou moito nos últimos 10 anos" .

Semella que este 2021 se dará un paso adiante pasa solucionar o asunto, coa aprobación do orzamento para a nova EDAR de Cee e Corcubión.

Comentarios