Venres. 19.04.2024
El tiempo

“As toallitas que se tiran polo váter é un dos grandes problemas das depuradoras”

“As toallitas que se tiran polo váter é un dos grandes problemas das depuradoras”
Ata 100 kilos de toallitas retiradas da EDAR de Brens dunha soa volta Ata 100 kilos de toallitas retiradas da EDAR de Brens dunha soa volta Quedounos algunha cousa pendente que rescatar daquel interesantísimo Encontro sobre contaminación orgánica do mar que organizaba Mar de Fábula, que acollía máis de medio centenar de persoas o pasado mes de xaneiro no Couto. Marcos Tostado xunto a Marivi Areas no Encontro de Contaminacion Organica do Mar de Mar de Fabula Marcos Tostado, xunto a Marivi Areas, bióloga de Mar de Fábula, no Encontro de Contaminación Orgánica do Mar no Couto Un Encontro que nos permitiu coñecer dende dentro unha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) tan controvertida como a de Cee, sempre no candeleiro polo estado da ría de Corcubión. A mesa recibiu con agradecemento a Marcos Tostado, Xefe de Planta da EDAR de Cee e Xefe do servizo de saneamento e Administrador mancomunado en Aguas Potables de Corcubión Cee S.L. O Enxeñeiro técnico industrial pola Universidade de A Coruña falounos dos problemas máis habituais cos que se enfronta unha estación depuradora. “O maior problema son as paradas non previstas, que soen suceder por atascos. E a meirande parte das veces son por culpa das toallitas… temos sacado 100 kilos de toallitas da rede nunha soa limpeza… Ademais, os bastonciños, as compresas e outros textís tamén son un grave problema. Parece que a xente non se decata da importancia que ten non tirar estas cousas polo váter”, explicou Tostado. “Con sinxelo que é ter un pequeno bote de lixo no baño”, apuntaban os asistentes. As toallitas un grave problema das EDAR As toallitas, un grave problema das EDAR

Rede de sumidoiros: Separación de pluviais e residuais

Tostado recoñeceu que “pese que o 90% da ría de Corcubión está conectada, aínda hai casas con conexións incorrectas, e aí os concellos debería facer inspeccións”. Apunta como outro dos problemas o mal estado da rede de sumidoiros, que pode filtrar nalgún punto. Tostado incidiu en que outro dos graves problemas é que a rede de sumidoiros non se atopa separada entre pluviais e residuais, e iso implica dúas cousas: “Estamos dando máis carga ás estacións da necesaria, e o máis problemático, que cando hai enchentas, hai que aliviar porque se chega a multiplicar por 6 ou por 7 a carga de augas residuais e a depuradora non dá”. No lado contrario, o concelleiro de obras carballés, Luís Lamas, sinalou que estas enchentas son casos puntuais, unhas 10 veces ao ano, e que hai que incidir no día a día das depuradoras. Lamas apuntou que son moitos os cartos que se van en saneamento, 17 millóns en 12 anos de goberno. “Son cartos que non dan votos pero aínda fan falta máis”, indicou. Tostado si que sinalou como un momento clave, “os primeiros momentos de chuvia, que arrastra moita contaminación orgánica e aí hai pouco que facer”. Apuntou nese punto Manuel Soto a posibilidade de instalar “xardíns de chuvia ou bioflitros”, que poderían facer un gran traballo con pouca superficie evitando as escorrentías. ”A saponificación tamén é un problema cando se mesturan os aceites coas toallitas, prodúcese unha costra nas tuberías difícil de quitar". Apuntaron a posibilidade de instalar sistemas de absorción de graxas. Rematou Tostado apuntando que simplemente “algunhas estacións non están preparadas para todos os nutrientes que teñen que tratar”, deixando claro que ás veces a planificación é errónea.

”Hai 12 anos vertíase todo directamente ao mar”

Nesa mesma liña falou Pichurri, que sabe o que é pelexarse, como alcalde de Camariñas, co resto de administracións en materia de saneamento. Tenlle mesmo lanzado os papeis á cabeza a un Conselleiro irresponsable, que inauguraba unha EDAR en 2011 ás presas e “sen estudos previos, coas augas sen separar, co problema de sempre cas enchentas”. Pichurri valoraba en clave positiva que “hai 12 anos vertíamos todo directamente ao mar. Agora temos 3 depuradoras pero aínda temos un 30-40% das casas vertendo directamente”, recoñecía. ”Somos os concellos os que temos que facer a separación, os aliviaderos… Necesitamos investimentos para facer obras, e dende Augas de Galicia ademais de non darnos un duro, aínda por riba nos multan”… criticaba. Sobre a falta de planificación tamén puxo Kuka Sar, teniente alcalde de Fisterra, o exemplo de Sardiñeiro, onde “Augas si que fixo a obra da rede de saneamento pero non a fixo ben e agora tócanos ao concello andar pagando as analíticas para saber que pasa”.

Outras ideas

Outras ideas saíron ao longo da xornada, como a necesidade de contar cunha cadea do báter de doble potencia, ou que esas mesmas augas que saen polo báter son sempre auga potable, e poderían ser perfectamente augas filtradas de chuvia. A xornada deu para moito, e quedaron moi boas ideas para analizar polos políticos.

Novas relacionadas

Outras realidades

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios