Xoves. 28.01.2021
El tiempo

Aprobado o investimento para a redacción do proxecto da nova EDAR de Cee e Corcubión

A nova EDAR de Cee e Corcubión estará situada en fronte da actual
A nova EDAR de Cee e Corcubión estará situada en fronte da actual
Aprobado o investimento para a redacción do proxecto da nova EDAR de Cee e Corcubión

Máis de 10 millóns fan falta para a creación da nova Estación Depuradora de Augas Residuais de Cee e Corcubión. O primeiro paso, despois da aprobación dunha partida nos Orzamentos municipais de Cee, é a aprobación por parte da Xunta da licitación da redacción do proxecto construtivo da nova EDAR.

A Xunta pon 348.000 euros e o Concello o pon a disposición os terreos que ocupará en Fornelo, en fronte da actual estación, por un custe de 22.000 euros.

Ponse en marcha un camiño que debería ter comezado hai moitos anos. Agora, coa cofinanciación da Unión Europea, a través do programa operativo do Fondo europeo de desenvolvemento rexional FEDER, a resolución á eterna problemática do saneamento da ría de Corcubión.

Histórico sobre o problema do saneamento na ría de Corcubión

comentarios