O Cárcere Vello de Corcubión acolle un acto solidario coas persoas palestinas encareradas inxustamente
10:03 29/01/26
Todo o país celebra unha xornada global de solidariedade con Palestina este sábado 31. Tamén na comarca, o Colectivo de Apoio a Palestina COAP Costa da Morte organiza un acto diante do Cárcere vello de Corcubión, ás 12 h.
Desta volta fan ficapé na denuncia da situación da poboación palestina encarcerada de xeito inxusto, en condicións inhumanas ademais de ilegais. De maneira simbólica, queren arrodear o cárcere con bandeiras palestinas en apoio a quen sofre o xenocidio sionista.




