Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O CEIP Praia de Quenxe xa ten o seu desfibrilador

Profesorado do CEIP Praia de Quenxe co novo Desfibrilador DEA
Profesorado do CEIP Praia de Quenxe co novo Desfibrilador DEA
O CEIP Praia de Quenxe xa ten o seu desfibrilador

O CEIP Praia de Quenxe xa é un espazo cardioprotexido. Ou o que é o mesmo, xa ten o seu desfibrilador listo. Un desfibrilador que chega gracias ao éxito da campaña do de venda de pulseiras "Proxecto Salvavidas”,, impulsada pola anpa ALÉN, que permitiu financiar a súa instalación.

Un proxecto que leva adherida a formación do persoal docente, persoal de limpeza, comedor... en materia de RCP Básica (Reanimación Cardiopulmonar) e métodos de actuación tanto en nenos como en adultos, gracias á colaboración de Juanma Trillo e Manel García Leal, instrutores do Plan Nacional de Resucitación Cardiopulmonar da Sociedade Española de Medicina Intensiva, Crítica e Unidades Coronarias (SEMICYUC). O grupo de mestres demostraron a súa absoluta implicación para recibir estes cursos homologados que poden salvar vidas. O proxecto financiou a formación de 8 persoas, e o centro financiou o resto do persoal, ata completar os 16 traballadores do centro.

Esperan non ter que chegar a usalo, pero este "anxo da garda" xa está disponible noutro centro educativo máis da comarca.

Porque un colexio ou centro educativo é un lugar con tantas posibilidades como outro calquera onde pode suceder un paro cardíaco, debido ao gran número de alumnos, persoal docente, educadores, empregados, así como pais, viandantes e habitantes da zona que frecuentan as súas alrededores. E un desfibrilador permite actuar con rapidez ante unha urxencia e evitar riscos pola tardía actuación ante unha eventualidade deste tipo, é por iso que é unha necesidade básica e imprescindible contar con el dentro do centro para previr a perda de vidas.

Sesions de RCP no CEIP Praia de Quenxe
Manel García Leal e Juanma Trillo practicando a PLS (Posición Lateral de Seguridade) durante a formación

Novas Xornadas formativas en primeiros auxilios

Na mesma liña, en colaboración coa ANPA ALÉN e as familias, o centro vai realizar en breve outras xornadas de formación en primeiros auxilios  para todo o alumnado do centro. Con isto o que se pretende é que todo o alumnado teña uns coñecementos básicos para saber como actuar en determinadas situacións de emerxencia.

Outras iniciativas semellantes

Comentarios