Domingo. 23.02.2020
El tiempo

Pulseiras salvavidas da S.D. Fisterra

Pulseiras salvavidas da S.D. Fisterra

Fantástica a proposta da directiva da S.D. Fisterra, para poder mercar un desfibrilador para o campo de futbol de Ara Solis. E máis nestes momentos nos que fútbol da Costa segue pendente da evolución do xogador do Pereiriña Gabri, aínda ingresado no Hospital.

O desfibrilador é un aparato médico que serve en caso de posibles trastornos do ritmo cardíaco dalgún xogador, tras un choque, un ataque... En Fisterra xa teñen quen sabe utilizalo, pois dous dos adestradores do clube xa fixeron un curso de formación.

Para conseguilo, a entidade propón unha campaña de "Pulseras salvavidas". Así, moitos establecimentos da vila do Cristo xa teñen (esgotadas en varios tras a primeira semana) estas pulseiras, que por 3 euros, axudan para que o clube poida mercalo. De feito, xa o teñen mercado.

Agardan dende o clube non ter que usalo nin unha soa vez, pero ante o perigo de que suceda algún problema, a posibilidade de ter un desfibrilador en cada campo sería unha tranquilidade. Así, dende a entidade fisterrá animan ás directivas dos clubes da Costa a apostar por unha medida semellante que faga que os campos da zona teñan unha maior atención sanitaria.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios