As chuvias provocan que a auga da villa de Cee e Corcubión saia puntualmente turbia
Así sae estes días a auga da villa en Cee e Corcubión. A auga sae cunha cor turbia que está a provocar a incerteza entre a veciñanza.
Así o PSOE de Corcubión se preguntaba cunha nota nos medios se o goberno e a empresa Augas de Corcubión-Cee informaban. Poucas horas despois, o Concello de Corcubión informaba que “segundo consultas formuladas ao Servizo de Augas Potables Corcubión- Cée SL, a calidade da auga distribuída é conforme aos parámetros legalmente establecidos e apta para o consumo”,
Explican que ”o problema na turbidez presente nestes días na auga que sae polas billas das vivendas é un feito puntual debido as fortes choivas dos últimos días tras o paso dos temporais que provocaron o arrastre dos leitos dos ríos que abastecen ao encoro de Santa Uxía”.