Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Mar na Escola chega xa a máis de 600 alumn@s de toda a Costa da Morte

Marcos Trillos de Cataventos presentando o Mar na Escola-Foto-Rafa Quintans
Marcos Trillos, de Cataventos, presentando o Mar na Escola 2020-Foto-Rafa Quintans
O Mar na Escola chega xa a máis de 600 alumn@s de toda a Costa da Morte
A Escola de Vela Catavantos presentou onte unha nova edición do pioneiro programa “O Mar na Escola 2020, Xogando co Vento”. Xa son 16 anos levando achegando o mar e o deporte da vela ás aulas da comarca, convertirdos nunha materia máis.

Este curso segue medrando a incidencia, e son xa 608 alumnos dos Concellos de Camariñas, Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Muxía, Laxe, Carnota, Ponteceso, os que disfrutrarán desta iniciativa. O programa, que conta co patrocinio de Stolt Sea Farm, e a colaboración da Federación Galega de Vela e a Secretaría Xeral para o Deporte, que inlcuíu no programa “Xogade”, desenvolverase nos meses de marzo, abril e maio.

Este curso son dous centros máis os que se unen ao programa, o CEIP Eduardo Pondal e CEIP As Forcadas, do Concello de Ponteceso, aumentando en máis de 100 a participación do ano pasado.

Porque este é un programa que non para de medrar, absolutamente consolidado na comarca. Ademais de servir de perfecto achegamento ao mar que tan cercano temos, pasa por ser, de feito, un dos poucos exemplos da adaptación á contorna do currículum educativo, sendo parte da nota de Coñecemento do Medio e de Educación Física.

As sesións desenvolveranse nas instalacións do Club Marítimo Carrumeiro, o Club Náutico Camariñas e o Marina Muxía; e haberá sesións teóricas nas aulas e prácticas no mar como vela, kaiak, voo de cometas ou taller de nudos mariñeiros.

Non faltará a 3ª edición do concurso de Debuxo Stolt Sea Farm, que o pasado levou o dumbriesa Ánxela Louzán, e que segue espallando a cultura acuícola pola comarca.

Os centros participantes son:

  • Concello de Camariñas: CEIP PONTE DO PORTO, CEIP O AREAL e IES PERA DA AGUA.
  • Concello de Cee: COLEGIO MANUELA RIAL MOUZO e CEIP EUGENIO LÓPEZ.
  • Concello de Dumbría: CEIP SANTA EULALIA.
  • Concello de Fisterra: CEIP MAR DE FORA, CEIP AREOUTA e COLEGIO NST SRA DEL CARMEN.
  • Concello de Corcubión: CEIP PRAIA DE QUENXE.
  • Concello de Muxía: CEIP VIRXE DA BARCA, CEIP VILLARMIDE, CEIP OS MUIÑOS e IES RAMON CAAMAÑO.
  • Concello de Laxe: CPI CABO DA AREA.
  • Concello de Carnota: CEIP DO PINDO, CEIP DE CARNOTA.
  • Concello de Ponteceso: CEIP DO EDUARDO PONDAL, CEIP AS FORCADAS (novos).

Presentacion do programa O Mar na Escola en Cee-Foto-Rafa Quintans

Á presentación, celebrada en Concello de Cee, acudieron: En representación de Stolt Sea Farm Manuela Gómez, Marketing & Business Development Manager, Stolt Sea Farm; Roberto García, Jefe del Servizo de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte; Margarita Lamela Louzán, Alcalde Concello de Cee; José Manuel Macote, Alcalde Concello Fisterra; Iván Pequeño Louro, Concelleiro de Deportes, Turismo e Emprego Concello de Dumbría; Manuel Insua, Alcalde Concello de Corcubión; Iago Toba Campaña, Alcalde Concello Muxía; Olalla Benlloch, Concejala de Igualdad e Xuventude Muxía; Francisco Charlin Orons, Concelleiro de Deportes Concello Laxe; Juan Manuel Saborido Rama, Alcalde Concello Carnota; Merche Noceda,Teniente Alcalde Concello Carnota; Rafael Antonio Riveiro Piñeiro, Concelleiro de Deportes Raquel Pose Fondo, Concelleira de Deportes Concello Ponteceso; Félix Quintero, Presidente do Club Marítimo Carrumeiro; Martin Castiñeira, Presidente do Club Náutico Camariñas; José Fernando Carrillo Ugarte, Secretario do Club Náutico Fisterra e algúns dos Técnicos de Deportes dos Concellos participantes.

Novas relacionadas

Comentarios