Venres. 19.04.2024
El tiempo

Alan Lomax: Colleitando os sons de Corcubión e Fisterra dos anos 50

Alan Lomax: Colleitando os sons de Corcubión e Fisterra dos anos 50

Aló ía, a pé polo mundo adiante cunha gravadora. Alan Lomax tiña 37 anos cando nos anos 50 percorreu o mundo recollendo a historia a base de sons. Corría o ano 52 cando chegou ao fin da terra. A Costa da Morte acolleuno cos brazos abertos, e brindoulle os seus mellores sons para a súa colleita.

Unha colleita que, a día de hoxe, é un auténtico tesouro. Coplas, xotas, sons ambientais, falas, muiñeiras, regueifas... todo cabía na súa gravadora. Todo agora se recolle na web culturalequity.org.

Uns dos arquivos accesibles son unhas fermosas grabacións feitas na bisbarra: unha Xota gravada en Fisterra, e unha serie de Coplas de Corcubión. Cómpre para a escoitalas unha por unha como unhas as parrandas de San Pedro que non teñen perda!

Patrimonio

Este arquivo non pasa desapercibido para os entes culturais do país. Desde hai uns anos, dende o Museo do Pobo Galego, como nos conta Manuel Vilar, andan coa idea de crear un Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). Un proxecto que aínda non se puido materializar por falta de fondos, para variar...

Pero esa necesidade de recoller "música do pobo" é cultura, é progreso, é unha necesidade.

Escoitar.org

Un proxecto que nos lembra ao de escoitar.org, que está a facer un mapa sonoro completísimo do país. Xa temos pasado a escoitar como zoa o vento no Cabo de Fisterra, ás palilleiras e o liño ou os Batáns do Mosquetín, e teremos que voltar a visitalos unha vez que xa teñen pasado por aquí a coller moitos máis datos sonoros...

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios