Comezaron as obras de acondicionamento do solar do cine vello de Corcubión

08:14 26/10/18



A reforma integral da Praza, un proxecto de futuro
Quedará para adiante, para moito máis adiante, semella, a ansiada reforma integral da Praza Castela. “No futuro, temos en mente un gran proxecto para a Praza de Castelao. Segue en marcha o concurso de ideas cos alumnos da Universidade de Arquitectura da Coruña, que están traballando en diferentes propostas. De feito, estamos en conversas con Joan Creus para facer unha exposición coas maquetas máis interesantes que nos poidan servir de base para elaborar o proxecto definitivo”. Pero para elo Insua fala case en clave de lustros, pois valora que “farán falta 600.000€ e iso é imposible facelo en pouco tempo”. Malia que recoñece que é imposible falar de prazos, sinala que “espero conseguir, se seguimos no goberno, que nos vindeiros 4 anos, polo menos, poder iniciar o proxecto”. ”Xa sei que a moita xente non lle gusta o cruce de camiños, pero intentaremos que Corcubión teña unha praza humanizada”, apunta.Novas relacionadas
- Xaneiro 18: O Solar do Cine Vello de Corcubión volve ás mans dos veciños.
- Decembro 2015: O Solar do Cine Vello de Corcubión, declarado zona de interese público.
- Maio 2011: Saneamento aprobado e Solar do Cine vello como zona verde en Corcubión.
- Decembro 2010: O solar do Cine Vello de Corcubión non poderá acoller un edificio.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).