mércores. 12.11.2025
El tiempo

Mohamed Safa ofrece en Cee unha conferencia sobre o mal chamado "proceso de paz" de Trump

Mohamed Safa en Cee
Mohamed Safa ofrece en Cee unha conferencia sobre o mal chamado "proceso de paz" de Trump

Unha das claves para entender a constante presenza na rúa de entidades da Costa da Morte lembrando unha e outra vez o xenocidio do estado sionista israelí ao pobo palestino, é a presenza na comarca dun activista como Mohamed Safa.

O oftalmólogo e escrior palestino afincado en Corcubión estará este venres 14 de novembro na Casa da Cultura de Cee ofrecendo unha charla actualizada do mal chamado “proceso de paz” de Trump, e aproveitará para presentar o seu novo ensaio, “Gaza, un xenocidio televisado”, publicado primeiramente en galego por Medulia..

Estará acompañado pola rexedora, por Modesto Fraga (Medulia Editorial) e unha representante do Colectivo de Apoio a Palestina da Costa da Morte.

Máis novas

Comentarios