Martes. 14.05.2024
El tiempo

Un novo repaso aos traballos na ría de Corcubión

Un novo repaso aos traballos na ría de Corcubión
Xa nos fixemos eco por dúas veces nos últimos días dos traballos que se están a desenvolver na ría de Corcubión dende o punto de vista da arqueoloxía. Nun primeiro intre demos conta do inicio dos traballos e despois fixemos un breve repaso aos mesmos. Pois ben, hoxe a ría de Corcubión tamén é noticia porque nas últimas horas, a delegada territorial da Xunta en A Coruña, Belén do Campo, pasábase polo Concello de Fisterra. Alí do Campo comprobou o avance dos traballos de prospección arqueolóxica subacuática e de cartografía dos xacementos arqueolóxicos localizados na ría de Corcubión. As actuacións enmárcanse no convenio asinado entre Xunta e Ministerio de Cultura para o desenvolvemento do Plan Nacional de Protección do Patrimonio Cultural subacuático. Estivo coa delegada da Xunta o alcalde de Fisterra, Xosé Manuel Traba. Belén do Campo destacou o traballo de San Caetano “para a recuperación de todos aqueles elementos de interese patrimonial que podan albergar as áreas examinadas polos técnicos”. Do Campo defendeu esta campaña como “un xeito de potenciar a recuperación da Historia da zona e de toda Galicia”. As tarefas de prospección arqueolóxica subacuática e cartografía dos xacementos arqueolóxicos teñen como obxectivo documentar parte dos pecios da flota de 1.596, dos que se teñen localizados ao redor de seis naufraxios da flota ao mando do adiantado de Castela Martín de Padilla de 1.596. Os traballos nesta campaña estanse a desenvolver en perfectas condicións de visibilidade e de seguridade. A maioría destes buques atópanse a escasa profundidade e resultan moi accesibles dada a escasa entidade do sedimento que os protexe. Toma de contacto O encontro coincidiu coa primeira visita da delegada territorial da Xunta a Fisterra dende que tomara posesión do seu cargo. Alí, Do Campo aproveitou para trasladarlle ao rexedor “todo o diálogo e cooperación do Goberno galego para sacar adiante os proxectos e demandas dos veciños do municipio de xeito coordinado”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta de Galicia.

Comentarios