Corcubión acolle unha xornada informativa sobre a potencialidade das algas
- As xornadas informarán sobre o funcionamento do novo programa de axudas europeas
As Xornadas de Divulgación do programa de axudas do FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura) promovidas polo GALP Costa Sostible (que comprende os concellos de Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son) continúan este venres na Capela do Pilar de Corcubión, ás 18:30 horas, cunha ponencia sobre ‘A potencialidade das algas’ de Juan Freire e outra de Sergio García da empresa ‘Capitán Alga’.
Ambos exporán modelos de negocio de éxito baseados nun produto cunha enorme potencialidade na costa galega. Juan Freire é biólogo da Universidade de A Coruña (UDC), coordinador do grupo de
investigación de recursos marinos e pesquerías da Facultade de Ciencias. Sergio García comanda unha empresa viguesa adicada á promoción do consumo de algas na alimentación, un produto interesante a nivel alimentario e con enormes posibilidades gastronómicas.
AXUDAS
Nestas xornadas, abertas ao público en xeral, preséntase o funcionamento do novo programa de axudas europeas, que estarán vixentes ata finais do ano 2026 e ascenden a 6,6 millóns de euros.
Sesión en Muros
O pasado xoves 19 de outubro celebrouse a primeira xornada na Fábrica de SEL de Muros, protagonizada por Dora Vieiro (de Brión) co seu proxecto colaborativo ‘Daquí Darredor’ baseado na transformación de alimentos agrícolas e gandeiros a través de dúas vías: a Cociña Colaborativa (a través dun espazo de xestión con dúas liñas de producción para transformar os alimentos da horta á casa, e con rexistro sanitario para comercializar estos alimentos e outros coma conservas, marmeladas, zumes, pan, etc...) e o Matadoiro Móbil (espazo de traballo colaborativo para a matanza de aves e coellos –cumprindo con tódolos requisitos sanitarios- e a súa posterior comercialización).
Este exemplo de idea, única en España, podería replicarse no territorio orientándoo a produtos derivados do mar. Nesta xornada tamén intervíu Sauro Martínez (de Sanxenxo) quen presentou o proxecto ‘Mariñeiro por un día’ no que se amosa aos turistas cómo traballan os mariñeiros dun barco de pesca sostible, así coma as artes de pesca tradicionais galegas.