Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Corcubión baila a ritmo de Cumbia por Semana Santa

Corcubión baila a ritmo de Cumbia por Semana Santa
Exposicion El Sur se Mueve Expo elsursemueve

Esta Semana Santa, unha das paradas que vai haber que facer é na Capela do Pilar de Corcubión. Aí convídanos Pablo Damonte a disfrutar dunha fermosa exposición de fotos da zona e curtas deste arxentino afincado en Corcubión.

Damonte produce baixo o selo El Sur se mueve, e realiza todo tipo de pezas fotográficas como audiovisuais. Un home que sabe sacar as cousas máis curiosas da nosa indiosincrasia, que moitas veces pasan desapercibidas para nós, pero non para un porteño de Lanús que emigraba a Europa en 2004, e acababa en Corcubión.

A inauguración desta sesión "CORCUMBIÓN" (nome acuñado pola "Factoría Calaza") será o venres 11 de abril, e poderemos tomar un pincho e un viño, a disfrutar dunhas cumbias mentres paladeamos as fotografías e as curtas. Cumbias que nos pinchará o Señor No, o alter ego do mesmo El Sur se mueve.

A mostra estará aberta tódolos días entre o 11 e o 20 de abril de 17:00h a 22:00h no novo espazo cultural de referencia en Corcubión.

Máis informaciómn

Novas relacionadas

Comentarios