Héctor Lera prepara unha xira pola Costa con Dous Calquera
          
    09:15 13/07/11 
            
Chega con forza este verán. O músico madrileño-corcubionés Héctor Lera arribou na Costa da Morte para pasar, como cada ano, o verán neste o noso paraíso natural. E desta volta xa ten artellada unha boa xira pola Costa da Morte, e extrarradio, con Dous Calquera. Corcubión, Fisterra, Camariñas, Louro e Vigo son algúns dos seus destinos
Estes calquera non son outros que os corcubioneses Fco. Javier Domínguez "Drock" e Elías Outes. Ambos creceron coas guitarras dos Lera en plena efervescencia aló polos 90 e a día de hoxe saen de xira cun dos seus exemplos a seguir.
Xira de Héctor Lera e Dous Calquera
- Xoves 14 de xullo: Praza de Castelao, Corcubión, abrindo as Festas do Carme 2011.
 - Venres 22 de xullo no Boulevard de Fisterra.
 - Sábado 23 xullo: La Pecera, Vigo, Pizarro 35.
 - Sábado 30 de xullo: Club Náutico de Camariñas.
 - Venres 5 de agosto: O Muíño, Louro.
 
Vídeo de El sur se mueve
Novas relacionadas
- A mocidade de Corcubión ten listas as Festas do Carme.
 - A atmósfera beatleniana invade a Costa.
 - Volve a música á Ventana de Laxe.
 
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
 - Foto e vídeo de Pablo J. Damonte, de El sur se mueve.