Corcubión busca a catalogación de Festa de Interese Turístico para o Desembarco
06:25 24/01/23
Durante a visita celebrada esta pasada mañá por Valentín González Formoso para inaugurar as polémicas obras da estrada ao Faro, o presidente da Deputación confirmou o seu para desenvolver a Representación do Desembarco no marco do Mercado Medieval de Corcubión, na que se revive a loita mantida polas tropas do arcebispo Rodrigo de Luna e o pobo de Corcubión no ano 1.457.
A rolda serviu para anunciar que o Concello está buscando a declaración do Desembarco e do Mercado Medieval Costa da Morte, que celebrou o pasado ano a súa 20 edición, a catalogación como Festa de Interese Turístico Galego.
CRÓNICAS DOS MERCADOS
- 2022: O Mercado Medieval de Corcubión cumpliu 20 anos para cambiar de ciclo.
- 2019: O Mercado medieval de Corcubión en imaxes.
- 2019: Corcubión e o seu pobo, por riba das modas medievais.
- 2018: Corcubión volve ao medievo con máis forza ca nunca.
- 2013: O Mercado Medieval de Corcubión mantén o seu tirón.
- 2012: O Mercado Medieval de Corcubión non perde tirón.