Corcubión celebra o seu Natal protestando polos recortes da Deputación

Xa está en marcha a programación cultural e deportiva para o nadal do Concello de Corcubión. Un Concello que quere deixar constancia o seu "malestar polos drásticos recortes por parte da Deputación tanto no programa global de cultura coma no de deportes (pasando dunhas subvencións para as actividades de cultura e deportes de máis de 15.000 eu no 2011 a 0 eu no 2012)".
Así, aseguran que fan o que poden para manter unha actividade diversa, especialmente dirixida aos máis pequenos e á mocidade.
Programa

- DO 11 AO 15 DE DECEMBRO na Casa da Cultura: EXPOSICIÓN “Galiza Biodiversidade”.
- DOMINGO 16 DE DECEMBRO, coorganizado pola coral Airiños de Quenxe de Corcubión, CONCERTO DE NATAL ás 19:30 horas na Casa da Cultura.
- LUNS 17 DE DECEMBRO, dentro da actividade “lingua de reis” da Rede de Dinamización Lingüística, visita dos REIS MAGOS aos alumnos do colexio publico de Quenxe.
- SÁBADO 22 DE DECEMBRO OBRA DE TEATRO dirixida ao público infantil da compañía “Ti e máis eu teatro”.
- DO 24 DE DECEMBRO AO 04 DE XANEIRO: EXPOSICIÓN das fotografías presentadas ao VI concurso de fotografía de Corcubión na Capela do Pilar , en colaboración coa asociación cultural da “Universidade cromática das virtudes”.
- XOVES 27 DE DECEMBRO TORNEO DE TENIS DE MESA no polideportivo municipal á partir das 17:00 horas.
- VENRES 28 DE DECEMBRO ENTREGA DE PREMIOS do VI concurso de fotografía na Capela do Pilar ás 19:00 horas.
- SÁBADO 29 DE DECEMBRO: XOGOS POPULARES no polideportivo municpal a partir das 16:00 horas.
- MÉRCORES E XOVES 2 E 3 DE XANEIRO: TORNEO DE FRONTENIS no polideportivo municipal á partir das 17:00 horas.
- SÁBADO 05 DE XANEIRO, pola tarde, visita dos REIS MAGOS a Corcubión. Percorrerán os distintos lugares da parroquia de Redonda e as principias rúas da vila para rematar recibindo aos rapaces na igrexa parroquial de S.Marcos.
Vida sa

Ademais, e dentro do Programa de Prevención da Drogodependencia, subvencionado pola Deputación Provincial, a Concellería de Servizos Sociais e a Concellería de Deportes de Corcubión, organizan a "actividade Lúdica deportiva para unha vida sa", que se desenvolverá no Pavillón Municipal a partir do 21 de decembro. Esta actividade proponse co obxecto de promover unha actitude participativa e activa, entre a macidade de 12 e 25 anos, para agruparse e buscar alternativas áo seu tempo de lecer ao mesmo tempo que se traballa con pautas de conducta para unha vida sa.
Fonte
- Concello de Corcubión.