Domingo. 01.11.2020
El tiempo

Corcubión convertiuse no epicentro da reumatoloxía galega

A reumatóloga Mercedes Freire nos Premios Nós da Liga Reumatolóxica Galega
A reumatóloga Mercedes Freire nos Premios Nós da Liga Reumatolóxica Galega
Corcubión convertiuse no epicentro da reumatoloxía galega

A reumatóloga Mercedes Freire e a logopeda e Diana Gándara foron as protagonistas da fin de semana na Costa da Morte. As Xornadas de Reumatoloxía e os Premios Nós da Liga Reumatolóxica Galega (LRG) celebraban unha completa fin de semana de formación e recoñecemento en Corcubión, aproveitando a orixe das dúas galardoadas cos Premios Liga con Nós 2020.

Mercedes, visiblemente emocionada, quixo ofrecerlle o recoñemento á propia Liga, “polo apoio que facedes aos pacientes a diario”, e a “ao meu servizo de reumatoloxía do CHUAC, pois isto un traballo de equipo”. Pero tamén tivo palabras para a súa familia: “quero adicarllo ao seu pai, e a toda a familia que me arroupa, a miña nai, ao meu primo José, a meu irmán Cachú, á miña cuñada Kati, e ao meu marido e ás miñas fillas”.

Diana Gándara recibindo o Premio da Liga Reumatoloxica Galega
Diana Gándara recibindo o Premio da Liga Reumatoloxica Galega

Pola súa parte, Diana Gándara tamén para ela era doble honra recibir o premio da Liga e na súa casa, Corcubión. Afondou na “importancia da investigación sobre as enfermidades reumáticas e a relación da logopedia e as mesmas enfermidades”, e deixou claro que vai intentar achega esta realidade á súa comarca.

Unha cita anual que nace para visibilizar a problemática das Enfermidades Reumáticas e Músculo Esqueléticas (ERyMES), que inclúen máis de 200 patoloxías que en Galicia afectan a preto do 25% da poboación.

Premios Nos da Liga reumatoloxica Galega

Pandereteiras de Corcubion nos Premios da Liga Reumatoloxica Galega
As pandereteiras de Corcubión amenizaron a sesión

Xornadas

Javier de Toro Mercedes Freire e Francisco Blanco Xornadas de Reumatoloxía en Corcubion
Javier de Toro, Mercedes Freire e Francisco Blanco nas Xornadas

Durante a tarde de venres e do sábado desenvolvénronse as Xornadas pensadas para pacientes, organizadas polo Servizo de Reumatoloxía do CHUAC, en colaboración ca UDC e a Xerencia de Coruña do Sergas. Acodiron unhas 30 persoas para escoitar a ponentes estiveron a propia doutora Mercedes Freire, ademais de Javier de Toro Santos, Lucía Miyar, Ana Lois Iglesias, Jenaro Graña ou Francisco Blanco García.

Lucia Miyar Xornadas da Liga Reumatoloxica Galega en Corcubion 2
Lucía Miyar 

Certame

A presidenta da entidade, Ana Vázquez, anima a [email protected] @s [email protected] do país a participar no Concurso de Debuxo, que ten de prazo ata o 30 de outubro e que servirá para facer un calendario do 2021.

 

Novas relacionadas

comentarios