mércores. 30.04.2025
El tiempo

Corcubión convoca xa o servizo de madrugadores para o vindeiro curso escolar

cartaz madrugadoras corcubion
Corcubión convoca xa o servizo de madrugadores para o vindeiro curso escolar

Dende o 1 de abril e ata o 30 do mesmo mes, estará aberto o prazo para solicitar praza no Servizo de Madrugadoras/es para o conciliación da vida laboral, familiar e persoal do Concello de Corcubión, que se levará a caba durante o período lectivo de setembro de 2025 ata xuño de 2026. 

O Servizo préstase de 7:45 a 9:15 horas, no período escolar,  na Biblioteca do colexio e conta coa colaboración do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión. As persoas interesadas deberán presentar a instancia tipificada, xunto coa documentación que nela se indica, e que se poderá obter nas oficinas municipais, na sede electrónica e na Web Municipal.

 O Concello presta este Servizo de conciliación, que ten como destinatarias ás familias do alumnado do dito Centro Escolar. 

Comentarios