Xoves. 21.10.2021
El tiempo

Corcubión, Corme e Carballo recuperan as vellas salas de cine

Corcubión, Corme e Carballo recuperan as vellas salas de cine

Parece que pouco a pouco escapamos dos desarraigados multicines para ir recuperando a maxia das vellas salas. Esa maxia que recollía Olaia Sendón na súa documental Os Irmáns da luz e que parece que volve a estar de moda. Corcubión, Corme e Carballo recuperan ese espírito, tendo en conta, ademais, que en tempos de IVE, estes espazos están destinados a ser devoltos á vida cotiá...

Cine futurista mirando ao pasado

A capela do Vilar acolle o ciclo de cine futurista da UCV en Corcubión

E precisamente recuperando eses ciclos caseiros, o pasado martes acodíamos á primeira proxección do ciclo de cine futurista de Corcubión. Ocupáronse todas as cadeiras da Capela do Pilar para disfrutar dun filme que de seguro temos visto unha e outra vez, pero non cansa. Pero é que o simbolismo de ver Blade Runner nunha capela foi especial...

Sergio Cernadas e Senén Insua, da organizadora Universidade Cromática das Virtudes, presentaban o ciclo e o filme. Desta volta non hou tempo para o debate, pero ollo que hoxe mesmo, xoves 2 de agosto, toca "Planeta Salvaje". Ah, claro, sempre en versión orixinal, por suposto.

Neorrealismo italiano en Carballo

E outro espacio que se convirte en sala é a Pensión Rama, de Carballo. Alí da man da Asociación Proxectando, comezan cun pequeno ciclo de neorrealismo italiano. Dúas citas no mes de agosto, os días 3 e 31. 'Roma, cittá aperta' e 'Ladri di biciclette' son as películas seleccionadas deste movemento cinematográfico. V.O.S.

O Cine de sempre de Corme

E os máis veteranos son os da AVV Eduardo Pondal de Corme, que levan xa moitos anos coa súa proposta dos venres de cine. Este mes de agosto de 2012 toca ciclo adicado ao actor Cary Grant.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios