Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Corcubión e Ponteceso concilian o Nadal

Corcubión e Ponteceso concilian o Nadal

Dúas propostas en materia de servizos sociais que nos chegan dende os Concellos de Corcubión e Ponteceso. A conciliación da vida laboral e familiar de cara ao Nadal é a finalidad.e

"Concilia no nadal" en Ponteceso

Trátase dun amplo programa de actividades que se desenvolverá no Centro Cultural en Ponteceso, dirixido a nen@s de 3 a 10 anos. Esta actividade, que formará parte do programa de Nadal Cultural e Deportivo do Concello de Ponteceso, está destinada a facilitar a conciliación laboral de pais e nais do Concello.
A inscrición para esta actividade comezará o vindeiro luns 28 de novembro no Departamento de Servizos Sociais 981 714 000 ext.3. Adxuntamos bando cos días programados da actividade.

Concilia en Corcubión

A Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Corcubión, informa que co fin de facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal nas vacacións de Nadal, ponse en marcha o proxecto lecer para o periodo comprendido entre o 26 de decembro de 2011 e o 5 de xaneiro do 2012, ámbolos dous incluídos. Neste programa poderán participar todos/as nenos/as de 3 a 11 anos .
As persoas interesadas deberán inscribirse no Departamento de Servizos Sociais ata o 20 de decembro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa dos Concellos de Corcubión e Ponteceso.

Comentarios