Corcubión engalanouse para o San Marcos
Canto facía falta algo de festa na vila de Corcubión. E chegou o seu patrón e media vila saíu á rúa. Con sol ademais. A mañá amenceu coas, lamentablemente clásicas bombas de palenque, que anunciaron a toda a ría a festividade.
Comezaba o grupo Peta Forte levando a música polas rúas en parada. E ao chegar ao mediodía, saía da Igrexa a famosa talla de madeira de San Marcos da Cadeira, que percorreu toda a vila sen parada. E o fixo nunha procesión máis numerosa que nunca.
Mal momento pasou a comitiva cando ao chegar de volta co santo, un dos costaleiros sufría un infarto, que deixou ata o propio San Marcos algo tocado.
Chegou a ambulancia e continuou a misa, e posteriormente, e Sesión Vermú, que sentou, co sol que había, como un regalo para os corcubioneses. A nova comisión de festas, chea de rapaces, quedo contenta coa recadación pero agardan algo máis de presencia, se o tempo o permite, na noite de hoxe.
I é que hoxe tamén hai festa. A Metrópolis porá a sesion vermú, repetindo pola note co grupo Marbella.
Novas relacionadas
- 2012: Un San Marcos para todos en Corcubión.
- Jano Lamas: San Marcos da Cadeira.
- Un himno a San Marcos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).