Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Corcubión entrega o Premio de Tradución Plácido Castro a Antía Veres Gesto

Premio Traducion Placido Castro 2019
Corcubión entrega o Premio de Tradución Plácido Castro a Antía Veres Gesto

Este próximo venres 27 de setembro ás 20 horas na Capela do Pilar de Corcubión, terá lugar a entrega do premio de traducción Plácido Castro, cuxa gañadora este ano é Antía Veres Gesto., natural de Guitiriz, por Unha muller perdida, a tradución galega da orixinal A Lost lady, de Willa Cather.

Este prestixioso premio, que leva o nome do ilustre corcubionés Plácido Castro del Rio, escritor, xornalista, traductor e político, chega este ano á súa XVIII edición. 

Neste acto estará representada a fundación pola súa presidenta, Susi Castro, o Concello de Corcubión polo seu alcalde, Manuel Insua, e o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez. 

Comentarios