xoves. 08.05.2025
El tiempo

Corcubión fai revivir a Ramón Caamaño

Corcubión fai revivir a Ramón Caamaño
UCV e Ramon Caamaño

Non vai ser a Xunta, nin a Deputación, nin as administracións locais, nin as entidades supramunicipais as que dean un paso adiante para recuperar e poñer en valor o legado do fotógrafo muxián Ramón Caamaño, escollido polos lectores QPC aló polo como o personaxe máis importante da historia de Muxía. Será a asociación Universidade Cromática das Virtudes a que arme unha das primeiras actividades arredor das súas fotografías.

Pero das súas fotografías de velatorios e defuntos, intentando recrear na Capela do Pilar de Corcubión un velorio de toda a vida. Todo está enmarcado no Samhain, a nova asociación corcubionesa púxose en contacto con Denis Pose, neto de Caamaño, e fillo de Chete, o único e gran valedor e coidador do histórico legado do fotógrafo.

A entidade recuperará fotografías que estaban na Casa da Cultura de Corcubión un tanto esquecidas. Seleccionaron o material e máis Denis trouxo algunhas outras da colección familiar para xuntar unha serie de imaxes que recordan a aquela "Pano de Fondo" que recuperara Manuel Sendón.
A expo vai a estar a fin de semana de defuntos e o venres haberá a inauguración cun caracter festivo para romper un pouco coa dinámita típica das inauguracións e a súa solemnidade.

Pois iso, que “Defuntos” espéranos a partir deste venres 31 de outubro, cando terá lugar a inauguración ás 19:30, e estará aberta durante esta fin de semana de Defuntos, e a seguinte fin de semana de 12:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios