luns. 10.11.2025
El tiempo

Hai canteira palilleira

XVIII XUNTANZA DE PALILLEIRAS 1
Hai canteira palilleira

A XVIII Xuntanza de Palilleiras de Vimianzo reuniu a máis de 600 artesás de diferentes puntos de Galicia no pavillón da capital da Terra de Soneira.

A actividade, organizada pola asociación As Nemanquiñas, é un punto de encontro no que as persoas participantes realizan demostracións desta arte. Unha oportunidade única para unir intereses, exhibir traballos e intercambiar experiencias.

XVIII XUNTANZA DE PALILLEIRAS 3

Durante a inauguración, a alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradeceu o traballo da asociación na organización do evento "elas son o corazón desta Xuntanza e, sen elas, isto non sería posible" e puxo en valor "unha arte que define a nosa esencia e que forma parte de nós. A arte dos palillos segue tan vixente coma sempre e así o demostrades todas e cada unha das persoas que hoxe nos acompañades".

XVIII XUNTANZA DE PALILLEIRAS 2

Comentarios