Corcubión foi de viaxe polos Faros da Costa da Morte guiados por Manuel Vilar

12:03 18/02/11

Travesía histórica
Montamos na gamela de Manuel e percorremos unha fermosa travesía pola historia dos faros. E como non, comezando polo primeiro faro coñecido, a Torre da Illa do Faro, ben documentada gracias a Asterix e Obelix. Continuamos pola Torre de Hércules, o faro máis antigo en funcionamento, datado do século II, e levantado nin polos fenicios, nin polos romanos, "polos canteiros", como di un verso dun poeta galego. Avanzamos xa canda os ingleses, que foron os verdadeiros artífices (xunto ao corcubionés Plácido Castro Rovas) da sinalización da costa aló polos séculos XVI e XVII. Daquela xa había máis faron no Canle da Mancha que en toda a península.Da importancia de Finisterre na navegación
Fantásticas as diapositivas que presentou Vilar para ir presentando a relevancia histórica do Cabo Fisterra na historia da navegación. Se ben hai cartas náuticas onde xa se fala do Finibusterre como zona de paso de buques. E curiosa unha carta náutica do 1.600, onde o Cabo Fisterra semella realmente a fin do mundo faceno unha esquina tremenda. De aí que en publicacións de todo o mundo, sobre todo británicas e estadounidenses, xa no sec.XIX, fixeran referencias continuas á zona, falando de "Near Finisterre" para calquera naufraxio ocorrido nas augas do Atlántico mesmo ata as Azores. "Que foi do Marconi?", foi outra das cuestións que se preguntaba Vilar, sen entender como pode estar completamente abandonado un punto tan simbólico da nosa xeografía.Creando o selo "Costa da Morte"
Segundo Vilar non foi ata o século XX cando se comeza a falar de Costa da Morte. A serie de naufraxios ocorridos nas nosas augas provocou que dentro do país se xenerase unha especie de lenda a comezos de século que pouco a pouco foi queda arraigada ata os nosos días. A sesión tamén incluíu un pequeno debate sobre de onde a onde abrangue a Costa da Morte, pero parece que este é un debate sen saída...Cómpre abrir os faros ao público?
Saíu a debate esta cuestión unha vez máis, lembrando a excursión organizada por Vilar no marco do Foro Costa da Morte, e na que os participantes non puideron subir a ver as lentes. O poder visitar ou non o propio faro depende a día de hoxe do Convenio Colectivo dos torreiros. E sen necesidade de meternos a obrigalos a atender ao público, a Autoridade Portuaria, incompetente para controlar as visitas, debería facer algo para aproveitar turísticamente o tirón dos faros, como fan polo outro Finisterre. "O que non pode ser é que subir ou non ao faro dependa da bondade dun torreiro", sentencia Vilar. Outras entidades como a Neria tamén poderían facer máis para encher de contidos históricos puntos de interese, como pode ser o Faro Fisterra, que segundo o propio Vilar "dá pena entrar e ver todas as paredes baleiras".Novas relacionadas
- O Seminario de Estudos Comarcais presentou o deuvedé da maxia dos “Faros da Costa da Morte”.
- Pola recuperación dos Fachos como patrimonio cultural da Costa .
- Editorial: O outro Finisterre. O verdadeiramente preparado para o turismo .
Máis novas
- Unha de Cruceiros co Seminario de Estudios Comarcais para abrir o 2011.
- Moito máis que unha guía sobre as Terras de Soneira da man da SEMESCOM.
- I Certame de poesía Penedos de Traba e Pasarela: Unha de penedos en verso.
- O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte presenta un DVD da Ruta das Antas.
- O Seminario de Estudos Comarcais salva os Penedos.
- Caldendario 2010: Os Cabazos.
- Calendario 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).