Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A arte costeira consegue 2.000€ para os refuxiados palestinos

Obra de Inma Doval para Palestina
Obra de Inma Doval doada para recadar fondos
A arte costeira consegue 2.000€ para os refuxiados palestinos

Ademais do éxito de público que tivo o encontro solidario co pobo palestino artellado este pasado domingo na Biblioteca de Muxía, o traballo do BNG muxián para axudar aos refuxiados deste país esquecido continúa.

A xornada, demais de visibizar a situación que se vive a día de hoxe no cárcere ao aire libre que Gaza (un territorio equivalente aos concellos de Muxía, Camariñas e Vimianzo no que resisten máis de 2 millóns de persoas), pretendía recadar fondos  financiar á axencia de axuda aos refuxiados que opera na zona para prestar axuda humanitaria.

Ao remate da proxección e da charla púidose ver a exposición/venta de obra de artistas galegos na que colaborou a artista Viki Rivadulla e degustaronse petiscos palestinos elaborados por Rosalía Vilela.

Uns 20 artistas galegos – Alexandro, Antón Sobral, Cari Camarero, Carmen Hermo, Correa Corredoira, Enma Pedreira, M.A Fernán Vello, Gervasio Sar, Inma Doval, Juan Louro, Marcos Rodríguez, Nolo Suárez, Rafael Loureiro, Viki Rivadulla, Xácome Meléndrez, Xesús Búa e YanoYoro- doaron obras para recadar fondos destinados á UNRWA (Axencia da ONU para os refuxiados palestinos). Das obras doadas xa se levan vendido moitas, co que se acadou, polo momento, unha recadación que supera os 2.000 €uros, que serán ingresados na conta da ONG.

O BNG de Muxía dará continuidade a esta iniciativa cunha Galería Virtual por Palestina que estará dispoñible no Facebook e no Instagram do BNG de Muxía proximamente. Nela poderán verse as obras doadas e contactar para adquirir as que seguen a estar dispoñibles.

Máis novas

Comentarios