Martes. 15.10.2024
El tiempo

Corcubión recibe un verán cargado de actividades deportivas

Corcubión recibe un verán cargado de actividades deportivas
campana-vela-corcubion A Deputación organiza do 24 ao 28 de xullo un curso de vela en Corcubión. Imaxe: Carrumeiro Xa case están en marcha as actividades deportivas organizadas polo concello de Corcubión para este verán. A cita comeza xa a vindeira semana, data na que comeza o campamento de fútbol UD Corcubión para nenos e nenas de 4 a 13 anos. O campamento levaráse a cabo os luns, mércores e venres dos meses de xullo e agosto en horario de 11 a 13 horas e ten un custe de 55€ ao mes. Tamén a próxima semana, do 3 ao 7 de xullo, haberá un campamento de deportes naúticos dirixido a rapaces de 8 a 16 anos e ten un custe de 45€. Entre os días 10 e 15 de xullo desenvolverase un campamento multideportivo gratuito para nenos e nenas de entre 10 3 16 anos. Realizarase en horario de 11 a 13 horas e os interesados en participar deben anotarse antes do 7 de xullo. Do 24 ao 28 de xullo, en horario de 11 a 14 horas, estará en Corcubión a campaña de Vela organizada pola Deputación da Coruña. Está dirixida a rapaces de 9 a 18 anos e ten un custe de 25€. Outras actividades O sábado 29 de xullo, o concello organiza unha andaina para coñecer Corcubión que está dirixida a maiores de 7 anos e que é gratuita. Xa o en agosto, concretamente o día 26, celebrarase a XIV festa da praia para idades sub 16 e absoluta e para a que é preciso anotarse. E por último, xa no mes de setembro, haberá dous importantes eventos deportivos. Unha ruta BTT - que será o día 2 - e a XVI carreira popular Vila de Corbución - 16 de setembro -. Fonte    

Comentarios