Corcubión rescata 100 anos de historia co novo libro de Ángel Martínez Moar

A Casa da Cultura “Plácido Castro” de Corcubión acollerá o vindeiro venres, 11 de xullo, ás 20:30 horas, a presentación do libro "Cen anos de saudade: Corcubión 1923-2022". Este acto contará coa participación de Fran Hermida e do autor da obra, Ángel Martínez Moar.
A través desta publicación, os asistentes poderán realizar unha viaxe pola vila de San Marcos, década a década, acompañados das historias de diversos corcubioneses. A obra está ilustrada con interesantes fotografías de Ramón Caamaño, Juan Fuentes, Javier Rubinos e Augusto Cerviño, que enriquecen a narración e ofrecen unha visión visual do pasado da vila.
Ao remate da sesión, todos os asistentes recibirán como agasallo un exemplar do libro por familia, unha oportunidade única para lecer e coñecer máis a historia de Corcubión. Non perdas esta oportunidade de descubrir a historia e a memoria da nosa vila en compañía de autores e veciños. Estades todos convidados!