Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Corcubión tamén se convirte en Herdeiro pola forza

Corcubión tamén se convirte en Herdeiro pola forza
Xurxo Ayán e Manuel Gago xa teñen estado en Carnota, Ponteceso... e este venres estarán en Corcubión presentando o seu libro Herdeiros pola forza

Non podían ser outros que a Universidade Cromática das Virtudes, desta votla coa axuda de Jan lamas, os que trouxeran ata a vila de San Marcos a este par de figuras. Xurxo Ayán e Manuel Gago traerán a presentación do seu libro "Herdeiros pola forza" á capela do Pilar de Corcubión, coincidindo ademais coa estrea dun novo ciclo de cine da asociación, desta volta adicado ao Dogma 95. Todo para este venres dinámico, 12 de abril-

Charla patrimonial

Xa resumimos como son estas presentacións, pero ollo que cada unha é un mundo. Aí reside a potencia destes grandes comunicadores, que falan sobre arqueoloxía pero para todo o mundo. Precisamente, Herdeiros pola Forza trata de demostrar que o patrimonio ten que baixar das elites á cidadanía.

A cita comezará ás 20:00h.

Cine na capela

Ademais, ás 22:30 primeira proxección do novo ciclo da UCV nesta ocasión adicado ao Dogma 95. O filme inaugural é Festen (1998), do director danés Thomas Vinterberg.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios