Corcubión volve unirse a través do baile
05:57 10/01/17
Este sábado, día 14 de xaneiro, a casa da Cultura de Corcubión acolle un festival organizado pola asociación cultural e deportiva Nerio. A cita comeza ás 20 horas coa actuación do grupo de baile Xaldón. A continuación, a campañía de teatro "Bambalinas", da propia entidade, interpretará unha obra. Ademais, haberá outros bailes sorpresa e sortearase unha cea.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])