luns. 17.03.2025
El tiempo

Corcubión analizou a discriminación lingüística co libro "Liberdade para o galego"

Presentacion libro Carlos Callon Corcubion con Alex Lopez
Marcos Maceira con Álex López
Corcubión analizou a discriminación lingüística co libro "Liberdade para o galego"

A Universidade Popular de Corcubión, en colaboración co Concello de Corcubión, organizou este venres 14 de febreiro na Capela do Pilar a presentación do libro "Liberdade para o galego", de Elsa Quintas e Marcos Maceira.

No acto, que foi presentado polo corcubionés Álex López, interveu Marcos Maceira, coautor da publicación e presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística. Marcos Maceira fixo un repaso á situación de discriminación do idioma galego nos diferentes ámbitos da sociedade, e aproveitou para presentar na comarca á plataforma “Queremos Galego”, que ten convocada unha manifestación en defensa da lingua o vindeiro 23 de febreiro en Compostela.

Máis novas

Comentarios