O corcubionés Miguel Vázquez Freire, socio de honra da Galix

10:58 26/09/22
É un dos alicerces da literatura infantil e xuvenil galega. De aí que a Galix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, veña de nomealo como socio de honra. Manuel Bragado foi o que fixo un sentido laudatio sobre o escritor e filósofo Miguel Vázquez Freire durante o acto de entrega.
Na comarca temos ademais a honra de podelo escoitar na radiONeria no seu programa As conversas do Moucho.
